«O Benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto» (Alvarellos Editora) de Manolo González, relata a insólita e descoñecida historia dun crego que foi tamén poeta, bibliófilo, bohemio, sedutor, visionario, sibarita e inaudito director de cine. Nos anos vinte chegaría a ser o que hoxe dariamos en chamar toda unha celebrity. En 1922 Antonio Rey Soto (Ourense, 1879-Madrid, 1966) emprendeu un proxecto moi singular: fundar en Vigo a produtora Celta Film e rodar a película «Un viaje a través de Galicia y Asturias» (hoxe, perdida). Con ela xirará por América en 1923. Posuído dunha extraordinaria oratoria, Rey Soto actuará, en cada proxección, narrando ao público –de emigrantes galegos, principalmente– os contidos do seu filme, exercendo o papel dun verdadeiro «benshi», esa figura capital do cinema mudo xaponés, que explicaba a trama a unha audiencia moitas veces analfabeta. «O Benshi de Galicia», que está ilustrado con cen fotografías e documentos moi descoñecidos, descóbrenos a peripecia existencial dun home cuxa vida é realmente a trama dunha verdadeira película, na que por certo participa boa parte da intelectualidade galega de comezos do século XX
¡Oferta!
A Buen Precio O Benshi de Galicia «O arrebato cinematográfico de Rey Soto»
El precio original era: 19,50 €.9,75 €El precio actual es: 9,75 €.
- Flete: Se cobrará un suplemento de 4 € en envíos inferiores a 49 €.
- Devolución y reembolso en un plazo de 30 días.
- Pago seguro mediante métodos de pago verificados.
Métodos de pago





