¡Oferta!

Bestseller VIAXES EN TRENS DE PRIMEIRA CLASE

El precio original era: 19,95 €.El precio actual es: 9,97 €.

  • Flete: Se cobrará un suplemento de 4 € en envíos inferiores a 49 €.
  • Devolución y reembolso en un plazo de 30 días.
  • Pago seguro mediante métodos de pago verificados.

Métodos de pago

Métodos de pago aceptados
SKU: SK0189456 Categoría:

Clementina desde pequena fora educada polo seu pai para entrar na alta sociedade da época. Toda a súa vida esforzouse por aprender os modais e a etiqueta que a alta sociedade esixía. O seu pai tiña a esperanza de que, grazas ás relacións que cultivara durante anos de traballo na administración pública, conseguiría para ela un bo matrimonio. O estalido da guerra no seu país e a morte do seu pai, acaban de súpeto con eses plans de futuro expostos. Soa, sen casa e sen apenas recursos debido aos desastres da guerra, Clementina idea un plan: gastarse ata o último céntimo dos seus aforros nun vestido de seda e un pase dun ano para viaxar en trens de primeira clase. O seu obxectivo, socializar cos cabaleiros máis distinguidos durante os longos traxectos que abono permitía co ánimo de cumprir un dos soños do seu pai, atopar o bo matrimonio que desexase. Pero, é este realmente o soño de Clementina? Estruturado como un conto clásico, Clementina ten tres encontros, tres cabaleiros cada un máis rico que o anterior, que lle propoñen ser a flor máis bela do seu xardín, a obra mestra da súa colección, e ata a xoia máis brillante da Coroa. Pero un xiro inesperado, converte esta fábula nunha historia de autocoñecemento e empoderamento feminino.