¡Oferta!

O Piloto. O último guerrilleiro Marca Reconocida

El precio original era: 14,96 €.El precio actual es: 7,48 €.

  • Flete: Se cobrará un suplemento de 4 € en envíos inferiores a 49 €.
  • Devolución y reembolso en un plazo de 30 días.
  • Pago seguro mediante métodos de pago verificados.

Métodos de pago

Métodos de pago aceptados
SKU: SK0188782 Categoría:

O Piloto, o último guerrilleiro
(morto en combate coa Garda Civil en Chantada no ano 1965)
Xosé Luís Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), coñecido popularmente como Piloto, non se converteu en mito por ser o último guerrilleiro morto en combate en todo o estado. As súas fazañas, a súa lenda e a necesidade dos resistentes antifranquistas xa o elevaran a esa categoría en vida.
Este libro non é so unha exhaustiva biografía que recolle toda a súa andaina e as súas obras, separando lenda de realidade, o certo da ficción, a construción popular das actuacións da personaxe.
Tampouco é unha novela histórica na que se ficciona unha figura senlleira e a súa época.
O Piloto, o último guerrilleiro é un libro de investigación novelada no que falan os documentos, pero tamén os protagonistas directos e indirectos con voz propia, situados cada un nos seus diversos tempos, na súa época e nas
súas particulares circunstancias.
Novidoso, preciso, revelador, entretido e apaixonante, é este un traballo imprescindíbel non só para saber o certo do máis famoso dos nosos guerrilleiros senón para comprender no seu contexto a guerrilla galega, a primeira en
organizarse en todo o estado e a última en desaparecer.
Ao mesmo tempo, é unha obra polémica pois vai facer repensar e, aínda, reescribir as liñas esenciais do que foi a loita antifranquista na Galiza, así como a súa conexión co «novo nacionalismo».